A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela sitúase no primeiro posto, a nivel Galicia, do ranking do Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM), tras asesorar e axudar a emprender o seu propio negocio a un total de 227 mulleres durante o ano 2023.
O Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM), creado hai máis de vinte anos e desenvolvido pola rede de cámaras territoriais, ten como obxectivo primordial sensibilizar ás mulleres e ao seu contorno cara o autoemprego e a actividade empresarial e actuar como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas.
O programa apoia calquera fase do proxecto, tanto no inicio da idea empresarial como na súa posta en marcha e consolidación.
Así, os técnicos especializados da Cámara de Santiago ofrecen información sobre oportunidades de autoemprego, lexislación, trámites, formas xurídicas e redes de contacto. Ademáis tamén asesoran, de forma personalizada, sobre plans de viabilidade, xestión empresarial ou novas tecnoloxías, plan de empresa e respaldan as peticións de financiamiento coas entidades coas que existen acordos previamente suscritos, entre outros servizos.
PERFIL DA MULLER PAEM
Segundo os datos manexados pola Cámara de Comecio, o perfil da muller PAEM é o dunha emprendedora cunha idade comprendida entre 25 e 54 anos, con estudos universitarios e en paro durante menos de 12 meses.
Por áreas de actividade, o maior número de novas empresas está adicado ao comercio ao por menor e ao sector servizos.
O Resumo Semanal - Edición Nº 589 - 21 de marzo
Fuente: economiaengalicia.com 7.03.2024
Comments