ABANCA pecha a súa 1ra emisión de bonos verdes e avanza no seu plan de banca responsable e sostible


  • A entidade emitiu títulos a seis anos por importe de 500 millóns cun cupón do 0,50%.

  • A demanda chegou a superar o triple do importe emitido

  • Con esta emisión ABANCA reforza os seus colchóns anticrisis e avanza na súa folla de ruta para o cumprimento dos requisitos do regulador en materia de MREL


ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa emisión inaugural de bonos Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros. Os ratings obtidos de Fitch (BBB-) e Moody´s (Baa3) confiren aos títulos o grao de investimento (Investment Grade) permitindo acceder á parte máis exixente do espectro inversor. A emisión espertou gran interese entre os inversores, cunha demanda que chegou a superar o triple doimporte emitido. A emisión foi colocada na súa totalidade en 4 horas aproximadamente, entreclientes profesionais e contrapartes elexibles, con notable presenza de inversores especializados con perfil ASG.


ABANCA continúa avanzando con esta emisión na súa folla de ruta de cara ao cumprimento do requerimiento mínimo de fondos propios e pasivos admisibles (MREL polas súas siglas en inglés) fixado polo regulador. Tras esta emisión, a entidade xa supera en máis de 150 puntos básicos o requisito MREL marcado para 2022.

Tras esta colocación, ABANCA aumenta os seus colchóns anticrisis ademais de cumprir cun dos obxectivos marcados no Plan de acción de Banca Responsble e Sostible 21-24 da entidade.


Plan de acción de Banca Responsable e Sostible 21-24

O compromiso co medio ambiente e a banca socialmente responsable forman parte do ADN de ABANCA desde a súa orixe e son principios directores da súa actuación. A emisión de bonos verdes é produto deste compromiso e a entidade cumpliu os requisitos necesarios para acceder con eficiencia a este mercado. O pasado mes de xullo, ABANCA publicó o seu SDG Bond Framework, que da cobixo a este tipo de emisóns de bonos, contando coa positiva opinión de Sustainalytics, que, como terceiro independente, revisou a bondade do marco e dos compromisos que nel se recollen.

A emisión de bonos verdes era un dos obxectivos que a entidade se marcou para 2021 dentro do seu Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 2021-2024.


O plan de acción recolle a folla de ruta e os obxectivos marcados polo banco para os próximos anos co fin de ser un actor relevante no ámbito da sostibilidade; apoiar a actividade económica sostible integrando no modelo de xestión, de negocio e de riscos os aspectos ambientais, sociais e de gobernanza (ASG), e acompañar aos seus clientes na transición cara á sostibilidade.




O Resumo Edición Nº 475 - 3 de Setiembre de 2021

Fuente: comunicacion.abanca.com 1.09.2021

2 visualizaciones