As 33 oficinas de Bankoa Grupo ABANCA adaptan a súa nova marca en 24 horas

  • O cambio de denominación e imaxe inclúe as sedes, as redes sociais e as webs corporativa e comercial

Oficina principal de Bankoa-Grupo ABANCA en Donostia-San Sebastián

As oficinas e sedes de Bankoa mostran desde hoxe a imaxe corporativa de ABANCA, tras completarse o pasado xoves o proceso de compravenda da entidade vasca. Bankoa mantén a súa marca nos diferentes soportes físicos e on-line, aínda que, como novidade, nesta nova etapa reflicte no seu logotipo a súa integración no Grupo ABANCA.


Un equipo formado por 64 persoas finalizou o sábado, en só 24 horas, as actuacións de adaptación de marca en 33 centros de Bankoa (oficinas, axencias de empresas e sedes) situados no tres provincias vascas, Navarra, A Rioxa e Madrid.


En total substituíronse 400 elementos de marca en diferentes soportes físicos exteriores e interiores, webs corporativas e comerciais, e redes sociais (Facebook, Twitter, LinkedIn).

A banca electrónica e banca móbil recollerán estes cambios no día de hoxe, mentres que mañá serán visibles nos caixeiros automáticos.


Ademais, o novo logotipo de Bankoa Grupo ABANCA estará presente en máis de 3.500 folletos distribuídos nas oficinas de Bankoa e en 40.000 comunicacións postais a clientes.



Oficina de Bankoa-Grupo ABANCA en Donostia-San Sebastián (Gros)

Oficina de Bankoa-Grupo ABANCA en Hernani

Logotipo de Bankoa-Grupo ABANCA



O Resumo Edición Nº 446 - 05 de Febrero de 2021

Fuente: comunicacion.abanca.com 1.02.2021

4 vistas

Tel.: +(598) 099 922 166

Tiburcio Gómez 1330. Piso 3.  CP. 11300 Montevideo, Uruguay

  • Blanca Facebook Icono