A Xunta nomea delegada da Xunta de Galicia no Uruguai a Elvira Domínguez Alonso

"A nuestra asociada y ex Presidenta le queremos transmitir nuestras más sinceras congratulaciones por este nuevo cargo de compromiso y gran responsabilidad como Delegada de la Xunta de Galicia en Uruguay. Desde AEGU nos enorgullece que una de las nuestras se destaque en un cargo de tanta significación, en donde descontamos que tendrá mucho éxito en su gestión, como en todos los estamentos en los que ha incursionado. Estamos desde ya para colaborar estrechamente ambas instituciones. Mucha suerte querida Elvira!"


Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022.


O Consello da Xunta acordou nomear a Elvira Domínguez Alonso como nova delegada da Xunta de Galicia no Uruguai. Elvira Domínguez, filla de emigrantes galegos, é licenciada en Administración e conta cunha extensa experiencia no sector público do país americano como profesional e directiva.

Obtivo o título de Contadora Pública, licenciada en Administración, e conta cun máster en Dirección de Empresas de Saúde da Escuela de Negocios de Montevideo e outro en Dirección e Xestión dos Sistemas de Seguridade Social e Saúde da Universidad de Alcalá de Madrid. Así mesmo, traballou como docente na Universidad de la Empresa de Montevideo e na Facultad de Ingeniería da Universidad de la República. Autora de publicacións e expositora en seminarios e conferencias nas materias da súa especialidade, foi directora representante das Empresas no Banco de Previsión Social durante tres períodos completos de mandato (2006, 2011 e 2016), mediante elección directa do empresariado. Elvira Domínguez conta cun amplo coñecemento sobre a emigración galega. Á parte de ser filla de emigrantes galegos en Montevideo, participou na directiva de entidades galegas neste país e, en 2017, convertíase na primeira presidenta da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguai.





Fuente: emigracion.xunta.gal 30.06.2022

16 visualizaciones