top of page

ABANCA doa a Galicia catro lectores clínicos que analizan 25.000 test diarios de COVID-19

  • A súa posta en marcha axiliza o tratamento dos pacientes e a extracción de plasma sanguíneo con anticorpos para tratar a outros enfermos de coronavirus

  • Tres equipos están xa instalados en hospitais do Sergas e o cuarto chegará nos próximos días


Os novos dispositivos son lectores automatizados de test de anticorpos en sangue mediante a técnica ELISA.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) incorporou á súa rede de hospitais tres equipos tecnolóxicos hospitalarios doados por ABANCA que permiten automatizar o diagnóstico de COVID-19. Nos próximos días será instalado un cuarto lector. En conxunto, os catro novos dispositivos permiten analizar ata 25.000 test diarios.


Este material forma parte dun pedido total de 514 equipos de alta tecnoloxía adquiridos pola entidade financeira para ampliar os recursos dos hospitais públicos galegos fronte á pandemia actual e posibles rebrotes futuros.


Os novos dispositivos son lectores automatizados de test de anticorpos en sangue mediante a técnica inmunoquímica ELISA (Ensaio por Inmunoabsorción Ligado a Encimas, polas súas siglas en inglés), que permite o procesado dun número elevado de mostras á vez. Ao automatizar a obtención de resultados dos test serolóxicos, axilízase o tratamento dos pacientes e a extracción de plasma sanguíneo con anticorpos, no caso de que sexa necesario para tratar a outros enfermos.


O Sergas finalizou esta semana a instalación destes equipos tecnolóxicos nos laboratorios dos hospitais da Coruña, Santiago e Lugo, de acordo coas necesidades identificadas. O cuarto chegará nos próximos días ao hospital de Vigo.


Este material forma parte do lote de equipamento tecnolóxico hospitalario adquirido por ABANCA, en coordinación co Sergas, para reforzar a capacidade de resposta da sanidade pública galega fronte á pandemia actual por coronavirus e posibles rebrotes do virus. En total, a doazón de ABANCA suma 514 equipos tecnolóxicos, por un importe global de 4 millóns de euros. Ao pedido inicial de 150 unidades de coidados intensivos engadíronse outros 364 equipos, entre os que se incluían monitores multiparamétricos, monitores de constantes vitais, desfibriladores e ecógrafos de alta prestación que permiten dotar ás UCI dos hospitais galegos de todo o material necesario para a atención ao paciente. Boa parte destes equipos están xa instalados nos hospitais galegos, e está previsto que o resto do material adquirido chegue a Galicia durante este mes.


Iniciativas de apoio ante a pandemia

Desde o inicio da crise derivada da pandemia da COVID-19, ABANCA activou numerosas iniciativas dirixidas a mitigar os seus efectos socioeconómicos. Con carácter urxente activou a mediados de marzo o ‘Plan Anticipar’, coa mobilización de 7.900 millóns de euros en liñas de liquidez para o tecido empresarial e produtivo e o adianto do pago de pensións da Seguridade Social e das prestacións por desemprego. A entidade tamén comezou a comercializar o financiamento con aval do Estado a empresas e autónomos, dentro da liña especial do ICO COVID-19 e impulsou unha moratoria financeira en préstamos hipotecarios e persoais para os seus clientes prexudicados polos efectos do coronavirus. Adicionalmente, e no marco dun acordo coa Xunta de Galicia, decidiu anticipar ata 1.500 euros da prestación por desemprego aos seus clientes afectados na comunidade autónoma galega por un ERTE derivado da emerxencia sanitaria que aínda non empezaron a cobrar.


Ademais, ABANCA acordou condonar durante tres meses o aluguer ás familias do Fondo Social de Vivenda e participou nun seguro colectivo para os 700.000 profesionais médicos que loitan contra o coronavirus.


No ámbito social, contribuíu con Afundación na doazón de máis de 70.000 unidades de protección fronte á COVID-19, mantivo patrocinios a clubs deportivos, impulsou unha iniciativa xunto aos principais clubs de fútbol de Galicia para recadar fondos para loitar contra a enfermidade e participou en diversas iniciativas nos ámbitos da concienciación, a educación, a cultura e o deporte.


O Resumo Edición Nº 413 - 15 de Mayo de 2020

Fuente: comunicacion.abanca.com 13.5.2020

5 visualizaciones
logo diapo (blanco).png

Tel.: +(598) 099 922 166

Montevideo, Uruguay

  • Instagram
  • Blanca Facebook Icono
  • LinkedIn
  • Youtube
bottom of page