top of page

Eventazo de conexión co ecosistema portugués e novo Xoves Tech á vista

  • 17 jun
  • 4 min de lectura

Din que o bo tempo baixa o ritmo, pero no ecosistema emprendedor galego seguimos a todo tren 😉Imos aló! Recibimos o premio Iniciativa Emprendedora do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia! Un recoñecemento ao impacto real e positivo que ten a asociación no ecosistema emprendedor da nosa comunidade. 


O Resumo semanal - Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay



Tamén tivemos un obradoiro de Enxeñería axéntica seria con Alejandro Vidal de Mindmakers na Coruña, que foi un auténtico éxito!

E vai anotando porque temos planazo para o 2 de xullo: OPEN4CoLAB, unha xornada na que colaboramos coa Universidade de Vigo, orientada a conectar o ecosistema emprendedor e innovador Galicia–Norte de Portugal e xerar conversacións reais ao redor do financiamento, o crecemento e o desenvolvemento de proxectos disruptores. Non podes faltar!


Tamén temos axendado xa o seguinte Xoves Tech con Alfonso Gutiérrez de Velneo, pertencente ao grupo tecnolóxico Visual MS, que é moito máis que unha plataforma de desenvolvemento low-code: é unha compañía española que leva décadas axudando a empresas e desenvolvedores a construír software de xestión de forma rápida, sólida e sostible. Rexístrate aquí!

A maxia da comunidade

Grazas a Xoel López e ao equipo de TheirStack por buscar temas interesantes para a comunidade máis tech e axudar a impulsalos! Esta é razón de ser de Startup Galicia: compartir, inspirar e botar unha man. Sodes uns cracks!

As novas máis recentes do ecosistema



Eventos máis relevantes 



Startup polo miúdo

O equipo de Cargoffer

Nesta volta imos a escoitar as verbas de Jorge Parada de CTO de Cargoffer. Vai desgranar como están a impulsar o seu SaaS loxístico e o seu novo calculador de roteiros axeitados para camións de mercancía.

E logo... que? [Describe cunha frase a túa startup]

[Cargoffer]: Somos un SaaS loxístico para transporte terrestre, pivotando en Calculador de Roteiros/custos/tempos específico para vehículos voluminosos/pesados.

Outra vaca no millo. [Cal foi o problema que queriades resolver cando lanzáchedes o proxecto?]

[Cargoffer]: As voltas en baleiro dos camións. Aínda que pareza mentira, supoñen o 38% das viaxes dos camiones na estrada.

Malo será que non academos... [Próximos pasos. Que obxectivos tedes?]

[Cargoffer]: Fixemos varias ferramentas e servizos para o transporte terrestre: Bolsa de Carga, eCMR, TMS, pero estamos a enfocar os esforzos en TRANSCEND: un calculador de roteiros/custos/tempos especializado en transporte, para evitar as estradas nas que os vehículos, por dimensións, peso ou tipoloxía de mercancía, non debería circular. Calculando os tempos reais de condución, descanso, e mesturado cun bigData de información para ter que hai preto de onde deben descansar, podendo planificar todos os detalles de cada roteiro. E ademais, predicir potenciais accidentes, atascos ou cortes nas vías, dando alternativas. Todo con tecnoloxía 100% propia; o que nos permite poder incluír as capas de información que necesitemos nos cálculos, variar os parámetros ou axustar as necesidades.

Convocatorias abertas 

En xuño:



Xullo



Outras convocatorias



Únete a Startup Galicia!

En Startup Galicia témolo claro: xuntar persoas con ganas de crear é o que fai que todo isto teña sentido. Construímos comunidade, xeramos espazos para compartir ideas, atopar cómplices e deixar que xurdan novos proxectos. Facémolo cada día no Slack, nesta newsletter… e, sobre todo, nos eventos que organizamos 💥

💡 Xa o sabes: cando conectas coa persoa axeitada no momento xusto, todo pode cambiar. Porque ás veces, un máis un é o inicio de algo grande.

Facerte socia ou socio é darnos un empurrón clave para seguir facendo medrar o ecosistema. E, de paso, terás acceso anticipado aos eventos, descontos e algunha sorpresa máis que gardamos para a xente da casa.


O Resumo Semanal - Edición N° 692 - 18 de junio de 2026

Fuente: Newsletter Startup Galicia | 15 de junio

Comentarios


bottom of page