top of page

Nace Medra.gal, a academia online en galego para facer medrar os negocios en Internet

A pasada semana lanzouse Medra.gal, unha páxina web dirixida a persoas que queren lanzar un negocio en Internet ou queren sacar máis proveito na rede dun negocio xa creado, e que conta con formación en emprendemento, márketing e negocios dixitais.




Medra é unha solución baseada en formación impartida por emprendedores galegos que comparten as súas aprendizaxes e experiencias con casos reais tanto de erros coma de acertos.


Anxo Sánchez, impulsor do proxecto, sinalou que “non vas ser millonario grazas aos cursos online. Quen che prometa iso estaría mentindo, porque non hai unha fórmula máxica para o éxito en Internet, xa que depende de moitos factores. O que si podemos asegurar é que en Medra podes aprender e sacar información de valor de todos os contidos publicados”.


FORMACIÓN, CONVERSAS CON REFERENTES E SESIÓNS GRUPAIS


En Medra hai publicados seis cursos iniciais de contidos que van desde os pasos estratéxicos imprescindibles para emprender ata conseguir vender en redes sociais ou crear unha primeira campaña publicitaria online.


Entre os docentes que xa teñen cursos publicados están Saúl Vérez, consultor SEO e deseñador web; Javier Boquete, mentor de márketing en proxectos de emprendemento; Bárbara G. Vilariño, consultora de comunicación; Ana Díaz, especializada na xestión de proxectos de márketing; e Anxo Sánchez, mentor de emprendedores especializado en proxectos dixitais.


Por outra banda, en Medra tamén hai espazo para a conversa con diferentes referentes galegos como a asesora Estela Vázquez; Pablo Roca, de Juicer Márketing; Iván Expósito, de Dinahosting; Sara Torreiro, da Casa Grande de Xanceda; Manolo Rodríguez, de Desenredando La Red; ou a docente especializada en márketing Diana Peñas.


Cada mes publicarase un novo curso sobre un tema específico, unha conversa online cunha persoa referente e tamén terá lugar unha sesión de soporte para resolver dúbidas.


UNHA ACADEMIA DE PAGO POR SUBSCRICIÓN


Medra.gal funciona mediante unha subscrición na que o alumno ou alumna ten acceso a todos os contidos e recursos, desde os máis recentes aos máis antigos. Cursos, conversas, sesións de soporte, recursos descargables, etc. Hai 3 plans dependendo da periodicidade do pago: mensual, trimestral ou anual. A academia non ten permanencia, polo que o usuario pode darse de baixa cando queira.

 


O Resumo Semanal - Edición Nº 589 - 21 de marzo

Fuente: economiaengalicia.com 12.03.2024

5 visualizaciones

Комментарии


bottom of page