top of page

O Clúster TIC Galicia exercerá de mentor de 16 emprendedoras europeas

O Clúster TIC Galicia lidera o programa The Break na Comunidade galega, como entidade receptora e impulsora de 16 proxectos de emprendedoras europeas, ás que lle ofrecerá formación e mentorías.

Emprendedoras europeas que participan no proxecto The Break e serán mentorizadas polo Clúster TIC Galicia.

The Break é unha iniciativa, de ámbito nacional, que ten por obxecto atraer talento feminino a España doutros países de Europa para crear unha rede de emprendemento e intercambio de experiencias a nivel europeo. Está deseñada pola Escola de Organización Industrial (EOI) e promovida pola The Break Alliance, integrada por Impact Hub, Mentors day e Startups.st.


En Galicia, son cinco as organizacións locais adscritas ao programa, PymeOn, Fundación Roberto Rivas, Sende e Anceu coliving, ademais do Clúster TIC. Esta última é a que acolle un maior número de emprendedoras, 16 en total, das máis de 75 que forman parte de The Break a nivel galego. No resto do territorio español, hai 27 entidades seleccionadas e ao redor dun millar de mulleres cunha idea de negocio, MVP ou cunha empresa con menos de cinco anos de vida.


Coa súa participación neste programa, o Clúster TIC Galicia busca posicionarse como entidade impulsora de proxectos tecnolóxicos de emprendemento a nivel europeo e contribuír a visibilizar Galicia e o seu talento no ámbito nacional e internacional.


IMPACTAR NA COMUNIDADE

Outra das finalidades da iniciativa é promover o desenvolvemento local e impactar na comunidade receptora. Con este obxectivo, as emprendedoras culminarán o programa de aceleración cunha inmersión en Galicia do 20 de maio ao 13 de xuño.


Durante a súa estancia desenvolverán un reto que consistirá en inspirar ás novas xeraciónspoñendo en valor as profesións STEM a través de relatorios e actividades en centros educativos de Muxía e Cee. Deste xeito, mediante a súa propia experiencia, visibilizarán algunhas das oportunidades e vantaxes que ofrece o sector tecnolóxico, como traballar en remoto, para contribuír a fixar a poboación no rural.


60 HORAS DE FORMACIÓN E MENTORÍAS

O seu espazo de traballo será o coworking do GaiásTech, situado na Cidade da Cultura, a través dun acordo de colaboración entre o Clúster TIC Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Neste centro recibirán máis de 60 horas de formación e mentorías grupais e personalizadas, segundo as necesidades de cada proxecto e da man de expertos en diferentes áreas de negocio.


Ademais, visitarán distintas empresas socias do Clúster TIC e manterán encontros con varias entidades de emprendemento para coñecer outras iniciativas locais e establecer novas alianzas de negocio




O Resumo Semanal - Edición Nº 551 - 1 de Junio

Fuente: economiaengalicia.com 23.5.2023

4 visualizaciones
logo diapo (blanco).png

Tel.: +(598) 099 922 166

Montevideo, Uruguay

  • Instagram
  • Blanca Facebook Icono
  • LinkedIn
  • Youtube
bottom of page