top of page

Toma de posesión en Galicia de la Delegada de la Xunta de Galicia en Montevideo, Cra. Elvira Domingu

Rueda destaca que o nomeamento da nova delegada da Xunta en Montevideo renova o compromiso de Galicia coa atención á diáspora e o impulso ás relacións económicas


“O camiño é modernizar as relacións entre dúas terras que teñen tanto que ver”, apunta.

"A nuestra asociada y ex Presidenta le queremos transmitir nuestras más sinceras congratulaciones por este nuevo cargo de compromiso y gran responsabilidad como Delegada de la Xunta de Galicia en Uruguay. Desde AEGU nos enorgullece que una de las nuestras se destaque en un cargo de tanta significación, en donde descontamos que tendrá mucho éxito en su gestión, como en todos los estamentos en los que ha incursionado. Estamos desde ya para colaborar estrechamente ambas instituciones. Mucha suerte querida Elvira!"

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2022.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe, durante o acto de toma de posesión da nova delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, que este nomeamento renova o compromiso de Galicia coa atención á diáspora, co fomento da nosa cultura e co impulso ás relacións económicas.

“Galicia e O Uruguai temos moitas oportunidades”, enfatizou Rueda, quen por iso salientou a importancia de que a nosa Comunidade estivera representada de xeito permanente. “O camiño é modernizar as relacións entre dúas terras que teñen tanto que ver”, apuntou.


O titular do Goberno galego asistiu á toma de posesión da nova delegada da Xunta no Uruguai, María Elvira Domínguez Alonso

A este respecto, aseverou que Galicia segue disposta a apostar polo Uruguai para espallar alí todo o noso potencial empresarial e ten as portas abertas para que as e os uruguaios que así o desexen fagan a súa vida na Comunidade. Así, o titular do Executivo galego garantiu por parte da Xunta a “atención” das e dos que queren seguir a continuar vivindo no país de acollida, como de todas e todos aqueles galegos e galegas emigrados a América que “queiran retornar”. Unha atención e “coidado” que tamén estendeu á xente moza, da que salientou que está volvendo á nosa terra para formarse a través de másteres, grazas á incentivación da Administración autonómica.


“A Xunta está convencida de que reforzar a súa presenza en América vai en beneficio de todos os galegos”, valorou. Precisamente, a Xunta seguirá achegando axuda de emerxencia social e individual aos galegos e galegas de alá que peor o están a pasar, velarase pola continuidade das entidades e manterase a colaboración cos 100 centros promotores do Camiño. Ademais, para as e os que queiran exercer o seu dereito ao retorno, está activa a pioneira Estratexia Galicia Retorna (2,7 M€) que segue sendo unha folla de ruta imprescindible con bolsas de formación BEME para estudar un ciclo de FP ou un máster en Galicia, axudas para emprender ou apoio social para facilitar a integración social.


O presidente da Xunta salientou que Elvira Domínguez cumpre cos requisitos que se esixen para este tipo de responsabilidades “que sexa respectada no seu país e conte con sentimentos de galeguidade potentes”. A traxectoria da nova delegada da Xunta neste país destaca por ter sido a primeira presidenta da Asociación de Empresarios Gallegos en el Uruguay en 2017, na que se puxo como obxectivo reforzar as pontes que conectan ambos territorios.



María Elvira Domínguez Alonso






31 visualizaciones

Comments


bottom of page